venres, 31 de maio de 2024

GALICIENCIA 2024

O CPI Mosteiro-Meis volveu a Galiciencia e fixo ao grande, conseguindo o 3º premio da edición do 2024!

O noso proxecto: "Efecto da resinación nas interaccións ecolóxicas", foi realizado por alumnado de 4º de ESO, e presentado en Galiciencia polas alumnas Aroa Gómez Barros e Irene Gómez Barros. O profesor encargado do proxecto foi Camilo Ojea, e contamos coa coordinación científica de Rafael Zas Arregui, Margarita Lema Vázquez e Roberto Touza Rodríguez, da Misión Biolóxica de Galicia (MBG), CSIC.

Resumo do proxecto:
Realizouse unha investigación en tres parcelas de Pinus pinaster nas que un equipo da MBG (CSIC) desenvolve un proxecto comparando árbores das que se extrae resina con árbores non resinadas. Colaboramos con eles plantexando un estudo para comprobar o efecto da resinación nas interaccións ecolóxicas entre animais (aves, mamíferos e artrópodos).

Hipótese:

A resinación de masas de Pinus pinaster emite substancias volátiles que ten implicacións ecolóxicas, concretamente provoca cambios nas relacións depredador - presa de diferentes grupos de animais.

Pero, que foi o que fixemos?

O primeiro, aprender algo máis sobre a resinación dos piñeiros:

E despois:

Colocáronse na parcela un total de 384 eirugas de plastilina de 4 cores diferentes, “fabricadas” polo alumnado de 4º ESO:


15 días despois da instalación, retiraranse coidadosamente as eirugas:



Para proceder posteriormente a avaliar as marcas de depredadores coa axuda dunha "guía de dentadas de campo", rexistrándose os datos en táboas:



E chegou o momento de defender o proxecto en Galiciencia: Aroa e Irene estiveron 3 días no Parque Tecnolóxico de Galicia, en San Cibrao das Viñas, acompañadas polo profe Camilo, explicando o proxecto ao xurado e ao público asistente. E o 9 de maio fomos a visitalas co grupo de 4º ESO. 






Ningún comentario:

Publicar un comentario

DE FEIRA EN FEIRA

O pasado sábado 8 de xuño tivemos traballo arreo no Club de Ciencia, xa que asistimos a dúas feiras científicas: a 6ª feira científica de ...