xoves, 20 de xuño de 2024

DE FEIRA EN FEIRA

O pasado sábado 8 de xuño tivemos traballo arreo no Club de Ciencia, xa que asistimos a dúas feiras científicas: a 6ª feira científica de Culleredo “Cullerciencia”, e a 1ª “Salnés Ciencia”, que se celebrou en Cambados.
A Cullerciencia acudimos con dúas experiencias:
“Que se pode tirar polo váter?” 
Esta experiencia é o resultado dun traballo realizado por alumnado de 2º de ESO sobre o efecto dos diferentes tipos de papeis, toalliñas, etc na rede de sumidoiros. O traballo previo consistiu na busca de información referente á normativa sobre augas residuais e características dos produtos desbotables polos sumidoiros.
Como parte desta fase, asistimos a unha charla de José Vázquez Padín, do departamento de I+D de Aqualia:

Tamén fixemos unha visita a dúas das pequenas EDAR de Meis co técnico do Concello, Rodrigo Vázquez:

Na parte práctica partiamos da hipótese:
Só deberiamos botar polo váter aqueles produtos
fabricados para ese uso.

O Procedemento consistiu en encher un frasco 
de auga ata a súa metade, introducir a mostra 
que iamos investigar, tapar e axitar un número 
determinado de veces simulando o movemento
.da auga polo sumidoiro
Finalmente verter o contido do frasco nunha
torre de peneiras e analizar o que queda en
cada unha delas.
Os datos obtidos confirmaron a nosa hipótese,
con algunha pequena sorpresa...


“O efecto da extracción da resina nos piñeiros”, galardoado co 3º premio no Galiciencia deste ano, cunha alumna de 4º ESO (Khadija) que participou no proxecto, apoiada por alumnado de 2º ESO.


As autoridades, entre elas o Conselleiro de Educación Román Rodríguez, pasaron pola nosa caseta, e saudaron ao equipo de científicos:


Salnés Ciencia levamos:

  • "Investigación sobre o tempo de xerminación de diferentes plantas hortícolas."
Este proxecto foi presentado no Salnés Ciencia por alumnado de 3º de primaria, dirixido pola súa profe Pilar González e polo profe de  Bioloxía Camilo Ojea.


  • "Recollida e clasificación de lixo recollido nas praias
Esta é unha actividade que realizamos todos os anos, coa colaboración de diferentes entidades coma o Concello de Sanxenxo, o equipo de José Manuel Parada do Centro de Investigacións Mariñas (CIMA) de Corón, e últimamente con Annika Álvarez, cofundadora da asociación Limpiarousa.
A actividade, na que participa alumnado de 3º ESO ten como obxectivo a concienciación sobre a problemática da contaminación mariña, especialmente a referente aos plásticos. Empezamos con actividades de investigación no centro escolar e coa charla de especialistas na materia. Despois disto ven a visita ás praias, para a recollida de lixo. Continuamos no cole coa clasificación do lixo, que queda preparado para ser exposto.



Nesta ocasión Annika tamén estivo con nós na feira:

 

“O efecto da extracción da resina nos piñeiros”. Como non podía ser de outro xeito, o noso proxecto premiado no Galiciencia deste ano tamén estivo en Cambados, neste caso representado por 3 alumnas de 4º ESO (Alba, Claudia e Mariña).

Con gañas de volver a participar o ano próximo



venres, 31 de maio de 2024

GALICIENCIA 2024

O CPI Mosteiro-Meis volveu a Galiciencia e fixo ao grande, conseguindo o 3º premio da edición do 2024!

O noso proxecto: "Efecto da resinación nas interaccións ecolóxicas", foi realizado por alumnado de 4º de ESO, e presentado en Galiciencia polas alumnas Aroa Gómez Barros e Irene Gómez Barros. O profesor encargado do proxecto foi Camilo Ojea, e contamos coa coordinación científica de Rafael Zas Arregui, Margarita Lema Vázquez e Roberto Touza Rodríguez, da Misión Biolóxica de Galicia (MBG), CSIC.

Resumo do proxecto:
Realizouse unha investigación en tres parcelas de Pinus pinaster nas que un equipo da MBG (CSIC) desenvolve un proxecto comparando árbores das que se extrae resina con árbores non resinadas. Colaboramos con eles plantexando un estudo para comprobar o efecto da resinación nas interaccións ecolóxicas entre animais (aves, mamíferos e artrópodos).

Hipótese:

A resinación de masas de Pinus pinaster emite substancias volátiles que ten implicacións ecolóxicas, concretamente provoca cambios nas relacións depredador - presa de diferentes grupos de animais.

Pero, que foi o que fixemos?

O primeiro, aprender algo máis sobre a resinación dos piñeiros:

E despois:

Colocáronse na parcela un total de 384 eirugas de plastilina de 4 cores diferentes, “fabricadas” polo alumnado de 4º ESO:


15 días despois da instalación, retiraranse coidadosamente as eirugas:



Para proceder posteriormente a avaliar as marcas de depredadores coa axuda dunha "guía de dentadas de campo", rexistrándose os datos en táboas:



E chegou o momento de defender o proxecto en Galiciencia: Aroa e Irene estiveron 3 días no Parque Tecnolóxico de Galicia, en San Cibrao das Viñas, acompañadas polo profe Camilo, explicando o proxecto ao xurado e ao público asistente. E o 9 de maio fomos a visitalas co grupo de 4º ESO. 






venres, 17 de xuño de 2022

Amigos dos animais

 

En abril, o alumnado de 4º de primaria visitou o Centro de Acollida CAANS.
E xa metidos no mundo canino, tivemos a sorte de participar moitos de nós, na actividade de educación canina con CEDIVE (Centro de Desarrollo Integral Veterinario).
Este é o enlace ao fermoso vídeo que subiron ao seu Facebook: https://fb.watch/e5H4KVUBwO/


Substancias puras e mesturas. 4º primaria - 4º ESO

 



O alumnado dos CUARTOS... 4º de primaria e 4º de secundaria comparten os seus saberes sobre as substancias puras, as mesturas e a separación de estas últimas.

Científicas e científicos no noso centro

 No 2º e 3º trimestres deste curso que remata, tivemos a sorte de contar no noso centro coa presencia de persoeir@s do mundo da ciencia e a investigación:







En marzo disfrutamos coa conferencia impartida polo neurocientífico e profesor da UDC Casto Rivadulla Fernández



Tamén en marzo tivo lugar a conferencia: “A Medicina como Arte. Visión dun Cirurxián Torácico”. Charla impartida polo doutor Alejandro García Pérez.

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/arousa/meis/2022/03/31/cirujano-dibuja-cuerpo/00031648726437165270258.htm


En abril organizouse unha video-charla impartida pola bioquímica Andrea Sánchez (antiga alumna do noso centro) sobre reprodución asistida, para alumnado deESO e de 5º e 6º de primaria.



En maio tivemos a visita e charlas do investigador do CSIC Luis Sampedro. Contounos a experiencia da súa viaxe a Antártida e as investigacións relacionadas co cambio climático nas que participou.


martes, 19 de abril de 2022

Visita ao noso centro do alumnado do CEIP da Armenteira

 

No mes de marzo tivemos unha visita moi especial ao laboratorio: profesores e alumnado dos últimos cursos do CEIP da Armenteira.


sábado, 12 de marzo de 2022

Día internacional da muller e a nena na ciencia


 Celebrando o día da muller e a nena na ciencia. Aquí tedes as primeiras imaxes da gravación que fixemos o día 11

DE FEIRA EN FEIRA

O pasado sábado 8 de xuño tivemos traballo arreo no Club de Ciencia, xa que asistimos a dúas feiras científicas: a 6ª feira científica de ...