venres, 17 de xuño de 2022

Amigos dos animais

 

En abril, o alumnado de 4º de primaria visitou o Centro de Acollida CAANS.
E xa metidos no mundo canino, tivemos a sorte de participar moitos de nós, na actividade de educación canina con CEDIVE (Centro de Desarrollo Integral Veterinario).
Este é o enlace ao fermoso vídeo que subiron ao seu Facebook: https://fb.watch/e5H4KVUBwO/


Substancias puras e mesturas. 4º primaria - 4º ESO

 



O alumnado dos CUARTOS... 4º de primaria e 4º de secundaria comparten os seus saberes sobre as substancias puras, as mesturas e a separación de estas últimas.

Científicas e científicos no noso centro

 No 2º e 3º trimestres deste curso que remata, tivemos a sorte de contar no noso centro coa presencia de persoeir@s do mundo da ciencia e a investigación:







En marzo disfrutamos coa conferencia impartida polo neurocientífico e profesor da UDC Casto Rivadulla Fernández



Tamén en marzo tivo lugar a conferencia: “A Medicina como Arte. Visión dun Cirurxián Torácico”. Charla impartida polo doutor Alejandro García Pérez.

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/arousa/meis/2022/03/31/cirujano-dibuja-cuerpo/00031648726437165270258.htm


En abril organizouse unha video-charla impartida pola bioquímica Andrea Sánchez (antiga alumna do noso centro) sobre reprodución asistida, para alumnado deESO e de 5º e 6º de primaria.



En maio tivemos a visita e charlas do investigador do CSIC Luis Sampedro. Contounos a experiencia da súa viaxe a Antártida e as investigacións relacionadas co cambio climático nas que participou.


martes, 19 de abril de 2022

Visita ao noso centro do alumnado do CEIP da Armenteira

 

No mes de marzo tivemos unha visita moi especial ao laboratorio: profesores e alumnado dos últimos cursos do CEIP da Armenteira.


sábado, 12 de marzo de 2022

Día internacional da muller e a nena na ciencia


 Celebrando o día da muller e a nena na ciencia. Aquí tedes as primeiras imaxes da gravación que fixemos o día 11

xoves, 23 de decembro de 2021

Volcán Químico


Tras varios recreos traballando no perfeccionamento do método, os especialistas en volcáns químicos de 2º ESO anímanse a presentar os seus experimentos diante do alumnado de secundaria.


mércores, 5 de decembro de 2018

Efectos da presión atmosférica

Álvaro e Álex de 2 ESO experimentaron no laboratorio para comprobar a forza que exerce o aire sobre unha lata de refresco

Amigos dos animais

  En abril, o alumnado de 4º de primaria visitou o Centro de Acollida CAANS. E xa metidos no mundo canino, tivemos a sorte de participar moi...