• “Que se pode tirar polo váter?”
Esta experiencia é o resultado dun traballo realizado por alumnado de 2º de ESO sobre o efecto dos diferentes tipos de papeis, toalliñas, etc na rede de sumidoiros. O traballo previo consistiu na busca de información referente á normativa sobre augas residuais e características dos produtos desbotables polos sumidoiros.
Como parte desta fase, asistimos a unha charla de José Vázquez Padín, do departamento de I+D de Aqualia:
Só deberiamos botar polo váter aqueles produtos
fabricados para ese uso.
O Procedemento consistiu en encher un frasco
de auga ata a súa metade, introducir a mostra
que iamos investigar, tapar e axitar un número
determinado de veces simulando o movemento
.da auga polo sumidoiro
Finalmente verter o contido do frasco nunha
torre de peneiras e analizar o que queda en
cada unha delas.
Os datos obtidos confirmaron a nosa hipótese,
con algunha pequena sorpresa...
•“O efecto da extracción da resina nos piñeiros”, galardoado co 3º premio no Galiciencia deste ano, cunha alumna de 4º ESO (Khadija) que participou no proxecto, apoiada por alumnado de 2º ESO.
As autoridades, entre elas o Conselleiro de Educación Román Rodríguez, pasaron pola nosa caseta, e saudaron ao equipo de científicos:
A Salnés Ciencia levamos:
- "Investigación sobre o tempo de xerminación de diferentes plantas hortícolas."
- "Recollida e clasificación de lixo recollido nas praias
Esta é unha actividade que realizamos todos os anos, coa colaboración de diferentes entidades coma o Concello de Sanxenxo, o equipo de José Manuel Parada do Centro de Investigacións Mariñas (CIMA) de Corón, e últimamente con Annika Álvarez, cofundadora da asociación Limpiarousa.
A actividade, na que participa alumnado de 3º ESO ten como obxectivo a concienciación sobre a problemática da contaminación mariña, especialmente a referente aos plásticos. Empezamos con actividades de investigación no centro escolar e coa charla de especialistas na materia. Despois disto ven a visita ás praias, para a recollida de lixo. Continuamos no cole coa clasificación do lixo, que queda preparado para ser exposto.
Nesta ocasión Annika tamén estivo con nós na feira:
Con gañas de
volver a participar o ano próximo